Museo Fortaleza de San Paio de Narla


A construción primitiva da Torre de Xiá ou de San Paio de Narla, seguramente, data do século XII ou XIII, malia que os primeiros documentos que fan referencia a ela son do XIV. A Revolta dos Irmandiños provocou grandes estragos na torre, pois no séc. XVI Vasco das Seixas encomenda traballos de reconstrución desta.

 

FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA

En 1939, grazas á xestión e intercesión de Don Manuel Vázquez Seijas, é adquirida pola Deputación de Lugo, medida coa que se evita a súa demolición.

A Miña Primeira Película na Rede

No edificio, composto por tres corpos e unha capela exterior, aprécianse elementos construtivos pertencentes a diferentes épocas que abarcan dende o século XVI ao XIX, co reaproveitamento de materiais do período medieval.

IMG_1735

‘O Noso Son’

Propoñémonos traballar a nosa Galicia vista (escoitada) a través de diferentes épocas e séculos,  o que se aprecia en:

Oficios tradicionais (agricultura, cestaría, zoqueiros)
Cociña Galega: mobiliario típico.
Ouriveria popular Galega: acibeche, etc

 

Datas obradoiros 26 marzo do 2016 a 16.00 hrs

Mais información na Web de Museo Fortaleza de San Paio de Narla

Departamento de Didáctica 982 375 156

sanpaiodenarla@museolugo.org

NOVO LOGOTIPO RedeLOGO área de Cultura 2015

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *