Pazo de Tor


As orixes deste pazo están ligadas á liñaxe dos Garza, no século XIV, e a súa posesión mantívose en mans dos seus descendentes directos ata a súa derradeira propietaria, D.ª María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga, quen, en 1998, o doou á Deputación de Lugo, institución que despois de musealizalo o abriu ao público o 13 de xullo de 2006.

IMG_1659

O edificio data fundamentalmente do último terzo do século XVIII, se ben conta con algún vestixio anterior. Encádrase dentro do estilo barroco, de longa persistencia en Galicia, pero xa matizado por certo sentimento estético neoclásico visible na súa sobriedade, simetría e emprego das ordes clásicas.

IMG_1671

Conta este pazo con 17 dependencias visitables entre habitacións, comedores e salóns, que na súa maioría conservan o seu mobiliario orixinal e que acollen un bo número de obras artísticas: pintura, escultura e artes suntuarias de moi variada cronoloxía e procedencia. Interesantes son tamén un mapa de Galicia, elaborado por Domingo Fontán, e un plano-informe, do ano 1757, feito polo escultor Agustín Baamonde, cun debuxo da praza do Campo Castelo de Lugo.

Entre as estancias deste pazo destacan especialmente: a Sala de Armas, o Salón Norte, o Despacho, o Salón de xogos, o Salón do mediodía, o Dormitorio principal e o Comedor principal.

A Miña Primeira Película na Rede Museística 2014

A Miña Primeira Película na Rede Museística 2014

‘O Noso Son‘

É un percorrido sonoro pola historia cultural e artística da Pazo.

Galicia vista a través da vida dá nobreza na Galicia de Idade Moderna e Contemporánea escoitada? con e por:
Artes suntuarias e decorativas.
Mobiliario: escritorio, armarios, mesas,
Os instrumentos musicais.
Cerámica desde o xarrón pintado por Zuloaga ata unha vaixela de Sargadelos.
Ou labirinto realizado con chantos.

 

Anima iTablet na Rede Museística 2015

Anima iTablet na Rede Museística 2015

 

 

LOGO área de Cultura 2015NOVO LOGOTIPO Rede

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *