Presentación 2


‘O Noso Son’

Este proxecto é un percorrido sonoro pola historia cultural e artística da nosa comunidade.

Os diferentes Museos da área de Cultura da Deputación de Lugo a través de la Rede Museística en Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza San Paio de Narla y Pazo de Tor) dannos a oportunidade de coñecer como era a vida en Galicia en diferentes épocas, así como as súas manifestacións artísticas e diferentes aspectos do seu patrimonio material.

IMG_2459

Pero poucas veces ofrécenos a oportunidade de escoitalas, de beber nas fontes inmateriais das historias e narracións orais, de observar e escoitar a língua galega no seu esplendor como idioma vertebrador e protagonista absoluto dunha paisaxe.

Este proxecto propón dar voz e vida aos obxectos que viven no museo a través das persoas que o visitan.

É unha oportunidade para contar relatos, lembrar antigas cancións, escoitar o son do mar, crear historias con personaxes que vivían nos pazos, así como dos artistas e as obras que habitan nestes diferentes museos da Rede Museística Provincial de Lugo.

IMG_1936

Dirixido a:

A Actividade diríxese a todos os públicos interxeracional desde 6 anos a 99 anos.
Non se precisa coñecementos musicais, nin ten vocación teórica senón unha firme vontade para explorar as realidades sonoras e divertirse ao mesmo tempo.

Datas:

Desde o 22 ao 26 de Marzo 2016

IMG_0388

LOGO área de Cultura 2015NOVO LOGOTIPO Rede


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 Comentarios en “Presentación

  • Alberto Vázquez

    Televisivo de Galicia

    Cativos de Lugo imaxinan o son dos cadros do Museo Principal

    Participan no proxecto O Noso Son, que se desenvolve estes días nos museos da provincia

    Malia que están de vacacións, estes cativos de Lugo representan o cadro “A escola de Doloriñas” da pintora Maruja Mallo. Os menores participan nun proxecto da rede museística de Lugo mediante o que tratan de imaxinar os sons que se poderían producir nas esceas que se recollen nos cadros. Neste caso, a aportación sonora abrangue todo o que se podía escoitar nunha escola da posguerra. Dende a toma da lección os alumnos ata os golpes na mesa coa vara e, como non, o ansiado momento de sair o patio a xogar. Consíguese así estimular a imaxinación e a capacidade de observación, achegarse a arte e coñecer a historia.

    “Todos os sons e todo o proxecto xérase en directo. Os sons do mar, do vento, son xerados in situ polos participantes. Por exemplo onte, que era un cadro dun barco, creamos o son da auga, da chuvia…”, explica Vázquez.

    Ademais do cadro de Maruja Mallo, os cativos tamén deron a súa versión sonora sobre estoutra pintura de Xulia Minguillón na que se mesturan distintas paisaxes da provincia de Lugo. Trátase de coñecer a arte máis próxima e de achegar nocións de como era a vida na Galicia de hai 70 anos.

    http://www.crtvg.es/informativos/cativos-de-lugo-imaxinan-o-son-dos-cadros-do-museo-principal