Proxecto


‘O Noso Son‘

Neste proxecto que denominamos ‘O Noso Son’ propoñémonos traballar o son en relación ás sensacións e percepcións que nos transmiten diferentes pinturas y obxectos da colección na Rede Museística Provincial de Lugo del área de Cultura da Deputación de Lugo.

IMG_1735

Partiremos de varios conceptos aloxados nas obras de arte, como o fondo, figura, a materialidad, a cor, a liña e, logo realizar exercicios e xogos que nos permitan rescatar, emanar o son, ruído ou música das pinturas y obxectos traballadas.

guia postal de lugo_Mallo

É un percorrido sonoro pola historia cultural, artística da nosa comunidade.

Os diferentes museos da Rede Museística en Lugo dannos a oportunidade de coñecer como era a vida en Galicia en diferentes épocas, o patrimonio material así como as súas manifestacións artísticas.

IMG_1728

Pero poucas veces ofrécenos a oportunidade de escoitalas, de beber nas fontes inmateriais das historias e narracións orais, de observar e escoitar a legua galega no seu esplendor como idioma vertebrador e protagonista absoluto dunha paisaxe.

San Paio de Narla

O proxecto propón dar voz e vida aos obxectos que viven no museo a través das persoas que o visitan e a contorna.

Museo Provincial Do Mar

É unha oportunidade para contar relatos, lembrar antigas cancións, escoitar o son do mar, crear historias con personaxes que vivían nos palacios así como dos artistas e as obras que habitan nestes diferentes museos da Rede Museística Provincial de Lugo: Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Fortaleza San Paio de Narla y Pazo de Tor.

 

Rede Museística Provincial de Lugo

Rede Museística Provincial de Lugo

LOGO área de Cultura 2015