Rede Museística


A area de Cultura da Deputación de Lugo constitúe A Rede Museística Provincial de Lugo, oficialmente no mes de xuño do ano 2006, e aglutina os catro Museos actualmente dependentes da Deputación Provincial de Lugo: Museo provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Pazo de Tor e Museo Provincial do Mar.

IMG_1735

Rede Museística Provincial de Lugo

Defende e aposta por un concepto de “Museo e comunidade: un museo para todas e todos, entre todas e todos”

Espazo educativo e de investigación, para abrir a novos públicos, para crear redes de traballo con outras institucións e cos axentes artísticos, sociais e culturais do noso ámbito, nun entorno que debe ser totalmente descentralizado.

Laberinto Pazo de Tor

MUSEOLOXÍA SOCIAL na Rede Museística

 

Potencia como institución a dimensión social e a difusión de valores democráticos e de cidadanía, dando claro exemplo de que son unha institución participativa e activa na configuración dunha sociedade plural.

Promover os valores de igualdade, convivencia e tolerancia.

Incentivar a interlocución coa sociedade alentando así a participación activa no museo.

Fomentar deste xeito o dialogo intercultural propiciando o coñecemento e o respeto mútuo.

Capacidades diferentes: mais información aquí.

Xénero e Igualdade: mais información aquí.

Diálogo Intercultural: mais información aquí.

Diálogo Interrelixioso: mais información aquí.

Museos Posible: Blog colaborativo do Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade da Rede Museística Provincial de Lugo. Mais información aquí.

Pazo de Tor

Pazo de Tor

 

Un MUSEO DIDÁCTICO: un museo que debe continuar sendo una escola, un instrumento para o aprendizaxe e a educación social, un medio para o intercambio recíproco de coñecemento, depositario non soamente de obxectos sen vida, se non do seu patrimonio inmaterial, da memoria histórica e dos recordos que constitúen a identidade de un pobo.
UN MUSEO ADAPTADO: un museo accesible, tanto no discurso como na montaxe expositiva. Diferentes linguaxes sensoriais: visuais, orais, táctis y cinestésicos de forma que tanto a lexibilidade como a motivación, a interactividade e a comprensión, adquiran o alto grao de accesibilidade global.
UN MUSEO SOCIAL: que estableza un diálogo permanente co seu entorno; un MUSEO DENTRO-FÓRA, que sexa capaz de extender a súa acción fóra dos seus muros e manter unha conexión viva coa súa orixe sociocomunitario.
UN MUSEO INTERACTIVO E DINÁMICO: en constante evolución e en permanente construción, que xenere unha sinerxía positiva que o convirte no  centro gravitacional de novas accións. As novas tecnoloxías de comunicación aportarán unha mayor fluidez á conexión do museo co público e ampliará de forma ilimitada o seu ámbito de acción.
UN MUSEO DO FUTURO: un museo achegado, pero aberto ao mundo. Queremos un museo vivo, humano, un museo no que, en palabras de Georges Henri Riviere, “o éxito non  se mida polo número de visitantes que recibe, senon polo  número de visitantes aos que ensinou  algunha cosa”.

A Miña Primeira Película na Rede Museística

Baixo este prisma, a Rede Museística Provincial de Lugo traballam cunha COMUNIDADE XEOGRÁFICA na que non existe un gran público maioritario, senón moitos públicos minoritarios diferenciados, con intereses, gustos e formacións distintos:

AS COMUNIDADES, A VOZ DA TERRA E AS SÚAS COMARCAS

A VOZ DE LEMOS. Unha comunidade ligada á nobreza pacega galega e ao traballo das súas terras. Neste entorno inxírese o Pazo de Tor,  un museo da memoria, un museo da emoción, un museo onde ás persoas  aínda lles é posible ler o espírito do lugar,  non só os feitos históricos. Un museo auténtico, palpable orixinal.


A VOZ DA TERRA CHÁ. manifestada nun entorno rural cunha comunidade agraria e gandeira que atopa na colección do museo un tesouro do seu patrimonio cultural. O Museo San Paio de Narla, unha Fortaleza que non por elo inaccesible.


A VOZ DA MARIÑA.  Terra de mar, mariñeiros e redeiras quen atopan no Museo Provincial do Mar o seu mellor narrador, dende o seu nacemento como escola, e no que sempre  existiu unha fonda implicación social. Isto mesmo foi o que convertiu á institución no primeiro museo do mar de Galicia de carácter público O museo constitúe un icono para a comarca e sobre todo para o pobo de San Cibrao, como elemento esencial da súa identidade.


A VOZ DE LUGO. fixo posible que nacera o Museo Provincial co fin de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense ata chegar a colección actual que se organiza en tres grandes seccións: Arqueoloxía, Etnografía e Belas Artes. Ábrese a unha comunidade urbana, educativa, artística, investigadora e asociativa que demanda e recibe unha respota ás súas inquedanzas e necesidades.

NOVO LOGOTIPO RedeLOGO área de Cultura 2015