Malia que están de vacacións, estes cativos de Lugo representan o cadro «A escola de Doloriñas» da pintora Maruja Mallo. Os menores participan nun proxecto da rede museística de Lugo mediante o que tratan de imaxinar os sons que se poderían producir nas esceas que se recollen nos cadros. Neste caso, a aportación sonora abrangue todo o que se podía escoitar nunha escola da posguerra. Dende a toma da lección os alumnos ata os golpes na mesa coa vara e, como non, o ansiado momento de sair o patio a xogar. Consíguese así estimular a imaxinación e a capacidade de observación, achegarse a arte e coñecer a historia.
«Todos os sons e todo o proxecto xérase en directo. Os sons do mar, do vento, son xerados in situ polos participantes. Por exemplo onte, que era un cadro dun barco, creamos o son da auga, da chuvia…», explica Alberto Vázquez.
Ademais do cadro de Maruja Mallo, os cativos tamén deron a súa versión sonora sobre estoutra pintura de Xulia Minguillón na que se mesturan distintas paisaxes da provincia de Lugo. Trátase de coñecer a arte máis próxima e de achegar nocións de como era a vida na Galicia de hai 70 anos.
Pode ver a noticia na web de Televisión de Galicia